Cristina Becerra
Son Cristina Becerra, entre as miñas paixóns están o cine, a literatura, o teatro e a fotografía. A decisión de adicarme ó mundo audiovisual foi tomada durante a adolescencia. Contar historias, imaxinar localizacións, crear personaxes e situacións… ¡era emocionante!.
Mentres remataba o bacharelato, decidín que faría todo o posible por estudar “Realización de Espectáculos e Audiovisuais” e así foi…
Pero antes, como son un “cu inquieto”, optei por estudar fotografía. Que alegría lle dei a miña nai. ¡Encantadísima de que súa filla quixera ser fotógrafa!.
Alá fun a Santiago, recorrer as súas rúas para captar imaxes e logo revelalas no laboratorio. pasei un dos mellores cursos da miña vida académica….
¡Coidado, a fotografía engancha! unha vez empezas xa non a deixas… Fai 6 anos que me mergullei na tolemia de emprender e aprender con esta magnifica profesión.